Quantcast
Skip to main content

Celebramos o día de Santa Apolonia, patroa dos dentistas, cunha charla da visitante de Dentaid-Vitis sobre a limpeza bucal.

Ensinounos a importancia do cepillado correcto e dos distintos produtos, para conseguir a promoción da saúde e a prevención de diferentes patoloxías.

Unha actividade interesante para o noso ciclo superior de hixiene bucodental que tamén compartimos co alumnado de 3º ESO.